Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Xoves, 23 de outubro de 2014 Páx. 45288

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Laracha

ANUNCIO de información pública sobre expropiación de terreos (parcelas 55 e 225 do polígono 78).

A Xunta de Goberno local, en sesión extraordinaria do 18 de setembro de 2014, acordou aprobar inicialmente o expediente expropiatorio polo procedemento de taxación conxunta para os efectos da obtención de terreos afectados pola acción IS-04 (parcelas catastrais 55 e 225 do polígono 78), do Plan especial de infraestruturas de servizo do SXIS de abastecemento de auga e de saneamento de augas residuais do concello da Laracha, segundo proxecto expropiatorio redactado para o efecto.

O proxecto de expropiación sométese a información pública durante o prazo dun mes mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, cos documentos sinalados no artigo 143 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, para que aqueles que poidan resultar interesados formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular no que atinxe á titularidade ou valoración dos respectivos dereitos.

A Laracha, 3 de outubro de 2014

José Manuel López Varela
Alcalde