Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 22 de outubro de 2014 Páx. 45131

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (1289/2010).

Eu, Ana María Navarro Gómez, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1289/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ángel Manuel Lago Sieira e Joaquín Maño Lapido contra a empresa Calizas Marinas, S.A., Fogasa e contra o administrador concursal Andrés Manuel Caso Martínez, sobre ordinario, foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Resolvo:

Estimar a demanda formulado por Ángel Manuel Lago Sieira e Joaquín Maño Lapido contra a empresa Calizas Marinas, S.A., con condena da demandada ao aboamento da cantidade de 3.334,45 euros a Ángel Manuel Lago Sieira e a de 4.608,48 euros a Joaquín Maño Lapido en concepto de salarios debidos incrementados cos xuros por demora do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores, todo iso coa responsabilidade subsidiaria do Fogasa.

Notifíquese a presente sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela poderá interporse recurso de suplicación no prazo de cinco días, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contando desde a súa notificación e conforme os artigos 188 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social, pasados os cales quedará firme en dereito.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza.

O maxistrado».

E para que sirva de notificación en legal forma a Calizas Marinas, S.A., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2014

A secretaria xudicial