Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 22 de outubro de 2014 Páx. 45132

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (490/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento Seguridade Social 490/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Vidal Rebollido contra o Ministerio de Defensa, o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS) sobre Seguridade Social, se ditou esta sentenza 369 cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal:

«Sentenza

En Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2014.

Vistos por Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 dos de Santiago de Compostela, os presentes autos rexistrados con número indicado, promovidos por instancia de Manuel Vidal Rebollido, asistido pola graduada social Sra. Da Palma, fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), debidamente representados polo letrado do INSS/ISM/TXSS Sr. Requejo Gutiérrez, fronte ao Ministerio de Defensa, debidamente representado pola avogada do Estado Sra. Busto Landín, e fronte a Gescomar, S.L., que non compareceu malia constar debidamente citado, dítase a presente sentenza con base no seguinte

(…)

Decido:

Que estimo parcialmente a demanda interposta por Manuel Vidal Rebollido fronte ao INSS, a TXSS, o Ministerio de Defensa e, en consecuencia, declaro o dereito do demandante a que se lle compute, para os efectos da prestación de xubilación, o tempo de prestación de servizos ao Ministerio de Defensa que excede o servizo militar obrigatorio, con efectos do 12.12.2011, condenando o INSS, a TXSS e o Ministerio de Defensa a avirse a esta declaración, absolvendo a mercantil Gescomar de todas as pretensións fronte a ela deducidas.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación ante o TSX de Galicia no prazo de cinco días.

Así o acorda, manda e asina, Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E, para que sirva de notificación en legal forma a Gescomar, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción en el Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2014

A secretaria xudicial