Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 22 de outubro de 2014 Páx. 45134

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (754/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 754/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Nieto Fariña contra Restauración de Tejados y Fachadas de Galicia, S.L., Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, se ditou a Sentenza número 390 co encabezamento e decisión do teor literal:

«Sentenza.

En Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2014.

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos 754/2014, promovidos perante este xulgado do social sobre reclamación de cantidade, por instancia de Juan Nieto Fariña, asistido polo letrado Xavier Castro Martínez contra Restauración de Tejados y Fachadas de Galicia, S.L., que non comparece, tendo sido citado o Fogasa, que non comparece, ditou a presente sentenza.

Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada por Juan Nieto Fariña contra a empresa Restauración de Tejados y Fachadas, S.L. e en consecuencia condeno esta a aboarlle ao demandante 3.739,9 euros, cantidade que se incrementará cos xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores, a suma de 3.036,06. Non procede condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Restauración de Tejados e Fachadas, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro do xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2014

A secretaria xudicial