Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 22 de outubro de 2014 Páx. 45136

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de poxa na execución de títulos xudiciais 104/2011 (PO 539/2011).

Nº de autos: PO 539/2011 do Xulgado do Social número 3.

Nº de execución: execución de títulos xudiciais 104/2011.

Executante: Sandra Otero Montero.

Executado: Ernesto Bouzas Carballal.

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela (A Coruña), fai saber que nos autos de execución de títulos xudiciais 104/2011 seguidos neste xulgado sobre reclamación de cantidade, por instancia de Sandra Otero Montero contra Ernesto Bouzas Carballal, por un principal de 4.585,04 euros, máis 458 euros que se calculan para xuros, gastos e custas, acordouse, por resolución do día da data, sacar a poxa pública polo prazo de vinte días os bens embargados á parte executada que logo se indicarán e sinalar para a celebración da poxa o día 1 de decembro de 2014 ás 13.00 horas, na planta 2ª do edificio dos Xulgados, sito na rúa Berlín, s/n, Polígono das Fontiñas, desta cidade de Santiago de Compostela, que se rexerá esta polas seguintes condicións:

a) Os licitadores, salvo o executante, para tomaren parte na poxa, deberán presentar comprobante de ter depositado, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, referencia número 5076 0000 64 0104 11 no Banco Santander, o 5 %, do valor do inmoble para os efectos de poxa, e estas cantidades devolveranse, unha vez aprobado o remate, a aqueles que participen na poxa, menos ao mellor ofertante, a non ser que soliciten o seu mantemento ao dispor do xulgado para o caso de que o rematante non consigne o resto do prezo; débese consignar, así mesmo, no devandito comprobante se se recibiron, en todo ou en parte, cantidades dun terceiro.

b) Poderanse facer ofertas por escrito en sobre pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, facendo o depósito que se mencionou anteriormente, cuxos sobres serán abertos ao inicio da poxa, e producirán os mesmos efectos que as que se realicen oralmente.

c) O executante só poderá tomar parte na poxa cando existan licitadores e pode mellorar as ofertas que se fixeren sen necesidade de consignar cantidade ningunha.

d) Poderanse facer ofertas superiores ao 70 % do valor do inmoble para os efectos de poxa, pero ofrecendo pagar a prazos con garantías suficientes, bancarias ou hipotecarias, do prezo do remate.

e) Para o caso de que se fagan ofertas que non superen o 50 % do valor de taxación ou que non cubran, polo menos, a cantidade por que se despachase execución, incluíndo a previsión para xuros e custas, resolverase sobre a aprobación do remate á vista das circunstancias do caso.

f) Só a adquisición ou adxudicación practicada en favor dos executantes ou dos responsables legais solidarios ou subsidiarios poderá efectuarse en calidade de ceder a terceiro.

g) A certificación rexistral e, se for o caso, a titulación do ben que se poxa estarán de manifesto na secretaría deste xulgado.

h) Entenderase que todo licitador acepta como bastante a titulación existente ou que non existen títulos.

i) As cargas ou gravames anteriores, se os houber, ao crédito do demandante continuarán subsistentes e, só polo feito de participar na poxa, o licitador admíteos e queda subrogado na responsabilidade derivada daqueles, se o remate se adxudicar ao seu favor.

j) O presente edicto está exposto no taboleiro de anuncios deste xulgado, e publicarase no Diario Oficial de Galicia e no portal de poxas xudiciais e electrónicas existente e dependente do Ministerio de Xustiza.

O presente edicto servirá, ademais de para os efectos de publicación, de notificación e citación para todos os efectos ás partes.

Bens obxecto de poxa.

1º. Inmoble nº 12.193 inscrito no folio 43, do libro 230, tomo 916 do Rexistro da Propiedade de Noia, con número de referencia catastral 0620420NH0102S0002TJ, sito na rúa Lepanto nº 27 baixo, 15960 Ribeira, e cuxa descrición é a seguinte:

«100 % de pleno dominio con carácter privativo por titulo de doazón. Local na planta baixa, destinado a fins comerciais, da casa sinalada como nº 27 da rúa Lepanto da cidade de Ribeira. Ten a superficie de noventa metros cadrados (90 m2).

Estremas:

Dereita: entrando, rúa de García Morato.

Esquerda: portal de entrada, caixas de escaleira e ascensor, descanso de escaleira de Francisco Sevilla Reiriz.

Fondo: Manuel Rodríguez Tubío.

Fronte: caixa de ascensor, descanso de escaleira e rúa Lepanto».

2º. Valor de taxación do ben: 33.257,28 euros.

3º. Cargas: embargo a favor da sociedade FGA Capital Spain E.F.C., segundo procedemento número 167/2011 seguido ante o Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Vilagarcía de Arousa, por un importe total de 17.917,48 euros.

4º. Taxación para poxa: 15.339,80 euros.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2014

A secretaria xudicial