Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 22 de outubro de 2014 Páx. 45129

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (259/2014).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 259/2014 por instancia de Beatriz Remuiñán Guiance contra a empresa Perfecto Manuel Moreira Lema e o Fondo de Garantía Salarial sobre resolución de contrato e despedimento, nos cales recaeu sentenza con data do 18 de setembro de 2014 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Decisión:

Estímanse as demandas interpostas por Beatriz Remuiñán Guiance fronte a Perfecto Manuel Moreira Lema, con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase extinguido con data desta resolución o contrato de traballo que unía a demandante con Perfecto Manuel Moreira Lema.

– Declárase improcedente o despedimento da demandante con data do 28 de febreiro de 2014.

– Condénase a empresa Alejandro Santos Varela a aboar á demandante a cantidade de 1.541,90 euros en concepto de indemnización e a cantidade de 7.763,10 euros en concepto de cantidades salariais pendentes de pagamento.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante el Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, a fin de que sirva de notificación en forma á empresa Perfecto Manuel Moreira Lema, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 1 de outubro de 2014

O secretario xudicial