Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 22 de outubro de 2014 Páx. 45127

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (258/2014).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 258/14 por instancia de Hernán Ariel Romero Leiva contra a empresa Perfecto Manuel Moreira Lema sobre despedimento, nos cales recaeu sentenza con data do 18 de setembro de 2014 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decisión:

Estímase a demanda formulada por Hernán Ariel Romero Leiva fronte á empresa Perfecto Manuel Moreira Lema e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado por Hernán Ariel Romero Leiva ao demandante.

– Condénase a Perfecto Manuel Moreira Lema a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión do demandante ou o aboamento dunha
indemnización de 415,03 euros, determinado o aboamento da dita indemnización a extinción do contrato de traballo; en caso de optar pola readmisión deberá aboar os salarios de tramitación que desde a data do despedimento ata esta resolución ascenden a 4.980,30 euros, aos cales se deberán engadir os que se devindiquen ata a súa notificación a razón de 21,56 euros diarios.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social, ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia a fin de que sirva de notificación en forma á empresa Perfecto Manuel Moreira Lema, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 26 de setembro de 2014

O secretario xudicial