Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 22 de outubro de 2014 Páx. 45125

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Viveiro

EDICTO (450/2009).

Marta Berta García Roces, secretaria xudicial por prórroga de xurisdición do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Viveiro (Lugo), fai saber que neste xulgado se seguiron os presentes autos de proceso ordinario 450/2009, en que recaeu sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva é do teor literal que segue:

«Sentenza:

En Viveiro o tres de setembro de 2010.

Vistos por min, Mª Carmen López López, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Viveiro e o seu partido, os presentes autos de xuízo ordinario 450/2009 seguidos neste xulgado por instancia da entidade Banco Popular Español, S.A., representada polo procurador Constantino Prieto Vázquez e asistida polo letrado, Sr. Pampín García contra Orquesta Variedades, S.L., en rebeldía procesual.

Decido:

Que estimando a demanda interposta polo procurador, Sr. Prieto Vázquez, en nome e representación de Banco Popular Español, S.A., contra Orquesta Variedades, S.L., condeno esta parte a aboarlle á demandante a cantidade de 3.885,97 euros, en concepto de principal e o importe que resulte de aplicarlle á expresada cantidade os xuros moratorios pactados, desde a data de peche da conta.

Con expresa imposición das custas procesuais á parte demandada.

Modo de impugnación: mediante recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Lugo. O recurso prepararase por escrito perante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da súa notificación, limitado a citar a resolución apelada, manifestando a vontade de recorrer con expresión dos pronunciamentos que impugna.

Así a pronuncia e asina».

E para que conste e sirva de notificación en forma á demandada en rebeldía Orquesta Variedades, S.L., expido e asino o presente edicto.

Viveiro, 15 de xullo de 2014

A secretaria xudicial