Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 22 de outubro de 2014 Páx. 45123

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 5443/2012-MJC).

Eu, Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da sección primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 5443/2012 desta sección, seguido por instancia do Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) contra a empresa Ferlosa, S.L., Víctor Sánchez López, José Benito López Ferreiro, Jesús Balboa González, foi ditada, na data do 29 de setembro de 2014, a seguinte resolución:

«Estimamos o recurso de suplicación interposto pola representación letrada do Fondo de Garantía Salarial contra a sentenza do Xulgado do Social número 3 de Lugo, do 18 de xuño de 2012, en autos número 185/2011, que revogamos, e desestimamos a demanda interposta pola representación letrada de Jesús Balboa González contra a entidade recorrente, que absolvemos.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta Sala do Social do TSX.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida do catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións» ou «Concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Ferlosa, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias do xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 29 de setembro de 2014