Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 22 de outubro de 2014 Páx. 45096

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 13 do outubro de 2014 pola que se modifica a Orde do 8 de abril de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras da subvención plurianual do custo salarial para o mantemento dos postos de traballo ocupados por persoas con discapacidade nos centros especiais de emprego de Galicia e se procede á súa convocatoria para o período do 1 de decembro de 2013 ata o 30 de xuño de 2015, dentro do Programa para a promoción da integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego.

De acordo coa comunicación realizada polo Servizo Público de Emprego Estatal do Ministerio de Emprego e Seguridade Social as subvencións do custo salarial para o mantemento dos postos de traballo ocupados por persoas con discapacidade nos centros especiais de emprego poderán estar cofinanciadas nunha porcentaxe do 80 % polo Fondo Social Europeo para as rexións do obxectivo de converxencia, a través do Programa operativo plurirrexional de adaptabilidade e emprego número 2007ES05UPO001, aprobado con data do 14 de decembro de 2007 para o período 2007-2013, no eixe 2, tema prioritario 66.

En consecuencia, para dar adecuada publicidade a este cofinanciamento do Fondo Social Europeo e as obrigas que comporta, modifícase a Orde do 8 de abril de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras da subvención plurianual do custo salarial para o mantemento dos postos de traballo ocupados por persoas con discapacidade nos centros especiais de emprego de Galicia e se procede á súa convocatoria para o período do 1 de decembro de 2013 ata o 30 de xuño de 2015, dentro do Programa para a promoción da integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego (Diario Oficial de Galicia núm. 75, do 21 de abril).

Así pois, unha vez consultado o Consello Galego de Relacións Laborais, logo de informe favorable da Asesoría Xurídica, da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos, da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e tomada razón na Intervención delegada, de acordo co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, e no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1

Modifícase a Orde do 8 de abril de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras da subvención plurianual do custo salarial para o mantemento dos postos de traballo ocupados por persoas con discapacidade nos centros especiais de emprego de Galicia e se procede á súa convocatoria para o período do 1 de decembro de 2013 ata o 30 de xuño de 2015, dentro do Programa para a promoción da integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego (Diario Oficial de Galicia núm. 75, do 21 de abril).

Engádese un novo artigo 19, coa seguinte redacción:

«Artigo 19. Cofinanciamento polo Fondo Social Europeo

1. As subvencións reguladas nesta orde están financiadas con cargo aos fondos recibidos do Servizo Público de Emprego Estatal do Ministerio de Emprego e Seguridade Social. Estas subvencións, correspondentes ás mensualidades de xullo de 2014 a xuño de 2015, poderán estar cofinanciadas nunha porcentaxe do 80 % polo Fondo Social Europeo para o obxectivo de converxencia, a través do Programa operativo plurirrexional de adaptabilidade e emprego número 2007ES05UPO001, aprobado con data do 14 de decembro de 2007 para o período 2007-2013, no eixe 2, tema prioritario 66.

Por tratarse de subvencións cofinanciables polo Fondo Social Europeo, será de aplicación a seguinte normativa:

a) Regulamento (CE) 1081/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, do 5 de xullo de 2006, relativo ao Fondo Social Europeo (DOUE L 210, do 31 de xullo).

b) Regulamento (CE) 1083/2006 do Consello, do 11 de xullo de 2006, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo e ao Fondo de Cohesión (DOUE L 210, do 31 de xullo).

c) Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006, polo que se fixan normas de desenvolvemento do Regulamento (CE) 1083/2006 do Consello, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo e ao Fondo de Cohesión, e o Regulamento (CE) 1080/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, relativo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (DOUE L 45, do 15 de febreiro de 2007).

d) Orde TIN/2965/2008, do 14 de outubro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo FSE (Boletín Oficial del Estado núm. 252, do 18 de outubro), modificada pola Orde TIN/788/2009, do 25 de marzo (Boletín Oficial del Estado núm 79, do 1 de abril) e pola Orde ESS/1337/2013, do 3 de xullo (Boletín Oficial del Estado núm 167, do 13 de xullo).

2. Son obrigas das entidades beneficiarias das subvencións previstas nesta orde, ademais das xerais recollidas no seu artigo 13, as seguintes:

a) Agás aquelas entidades beneficiarias que pola normativa vixente estean exentas da obriga de levar a cabo unha contabilidade, as entidades beneficiarias teñen a obriga de acreditar que levan unha contabilidade separada ou un código contable adecuado para os gastos obxecto da subvención.

b) As entidades beneficiarias garantirán a dispoñibilidade dos documentos xustificativos das subvencións dos custos salariais, durante un período de tres anos a partir do peche do Programa operativo, ou ben durante un período de tres anos a partir do ano en que tivese lugar o peche parcial deste, de acordo co disposto no artigo 90 do Regulamento (CE) 1083/2006.

c) As entidades beneficiarias deberán adoptar as medidas de publicidade do cofinanciamento mediante o Fondo Social Europeo, nos termos establecidos no Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro.

Neste sentido, a entidade beneficiaria deberá incluír o rótulo visible ao público, previsto no artigo 13, letra h), desta orde, no modelo facilitado pola Dirección Xeral de Traballo e Economía Social e publicado na web institucional da Xunta de Galicia, no cal constará o cofinanciamento do Fondo Social Europeo.

Así mesmo, a aceptación da axuda comunitaria implicará a súa aparición na lista pública cos nomes das entidades beneficiarias, das operacións e a cantidade de fondos públicos asignada a cada operación que a autoridade de xestión do Programa operativo publicará conforme o previsto no artigo 7.2.d) do Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006 (DOUE L 45, do 15 de febreiro de 2007).

As entidades beneficiarias deberán acreditar o cumprimento da obriga de informar as persoas traballadoras con discapacidade acerca da subvención do seu contrato e do seu cofinanciamento polo Fondo Social Europeo.

d) De conformidade co previsto no artigo 13, letra c), desta orde, lémbrase ás entidades beneficiarias das axudas a obriga de sometemento ás actuacións de control, comprobación e inspección que poderá efectuar a Consellería de Traballo e Benestar, ás de control financeiro que correspondan, se é o caso, á Intervención xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, ou a outros órganos da Administración do Estado ou da Unión Europea, e a achegar canta información lle sexa requirida no exercicio destas actuacións. En especial, por tratarse de axudas cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, a entidade beneficiaria quedará sometida ás verificacións previstas no artigo 13 do Regulamento (CE) 1828/2006.

3. Para o cumprimento das anteriores obrigas as entidades beneficiarias deberán presentar a seguinte documentación:

a) Coa documentación xustificativa para o pagamento da mensualidade de xullo de 2014 ou do primeiro mes polo que se solicite o pagamento da subvención se é posterior, deberán presentar a xustificación do cumprimento da obriga de informar as persoas traballadoras con discapacidade acerca da subvención do seu contrato e do seu cofinanciamento polo Fondo Social Europeo. No resto das mensualidades deberán presentar esta acreditación na mensualidade en que se produzan as altas de novas persoas traballadoras no centro. Esta documentación correspondente á mensualidade de xullo de 2014 non será necesaria para a xustificación do seu pagamento; non obstante, deberá ser engadida ao expediente non máis tarde do 30 de novembro de 2014.

b) Coa xustificación para o pagamento final da subvención concedida as entidades deberán presentar un extracto do balance provisional contable da entidade beneficiaria, asinado e selado, que permita verificar a contabilidade separada dos gastos subvencionados e da subvención concedida. Os documentos contables que se presenten deben incluír as contas ou subcontas en que se contabilizaron os ingresos e os gastos imputados, as datas e os números de asentos contables e a indicación específica do seu cofinanciamento polo Fondo Social Europeo. Estes documentos contables poden ir xunto cunha breve descrición sobre a sistemática de contabilización dos gastos.

No caso das entidades exentas da obriga de contabilidade deberán presentar xustificante que acredite esta exención».

Artigo 2

Esta modificación non afecta os prazos establecidos na Orde do 8 de abril de 2014 para a presentación de solicitudes nin tampouco afecta o resto do articulado da devandita orde.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2014

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file