Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Martes, 21 de outubro de 2014 Páx. 44940

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (266/2012).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 266/2012 por instancia de José Manuel Soto Cernadas contra Tex Digital S.L., Admistración Concursal de Tex Digital S.L., o Fondo de Garantía Salarial sobre cantidade, nos cales recaeu sentenza en data do 21 de xullo de 2014 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Decido que se estima parcialmente a demanda formulada por José Manuel Soto Cernadas fronte á empresa Tex Digital, S.L., o seu administrador concursal, con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Tex Digital, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de catro mil sesenta e seis euros con vinte e oito céntimos de euro (4.066,28 euros), devindicando os conceptos salariais o xuro moratorio do 10 %, vinculando tales cantidades á administración concursal.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e deberá anunciarse este no xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución bastando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social, ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así lo acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E, para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Tex Digital, S.L. expido e asino este edicto.

A Coruña, 30 de setembro de 2014

A secretaria xudicial