Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Martes, 21 de outubro de 2014 Páx. 44942

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (727/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 727/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Julio Lamas Pena contra Semar Aluminio, S.L., Marcial García, S.L., Sistemas Especiales Metálicos para la Arquitectura, S.L., María Abel Tarrío Fernández, María del Carmen Guillín Rey, Marcial García Fernández, Marcial García Guillín, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, ditouse sentenza número 380 cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

En virtude do poder conferido pola Constitución e en nome do rei

En Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2014

Amelia María Cortizo Moure, maxistrada xuíza substituta servindo no Xulgado do Social número 3 desta cidade ditou a presente resolución no PO-727-2012 que versa sobre reclamación de horas extraordinarias entre partes:

Demandante: Julio Lamas Pena, maior de idade asistido pola letrada Sra. Muíño Pose.

Demandados: Semar Aluminio, S.L., Sistemas Especiales Metálicos para la Arquitectura, S.L., Marcial García Guillín, S.L., María Abel Tarrío Fernández, María del Carmen Guillín Rey, Marcial García Fernández, S.L., o Fondo de Garantía Salarial representado polo letrado Sr. Crespi.

Serven de base á presente a resultancia fáctica con particular reflexo da premisa relevante, para efectos decisorios, e fundamentación xurídica a desenvolver por continuación e conforme a orde que segue:

(…)

Decido que con estimación da demanda presentada por Julio Lamas Pena debo condenar e condeno as empresas Semar Aluminio, S.L., Sistemas Especiales Metálicos para la Arquitectura, S.L., Marcial García Guillín, S.L., María Abel Tarrío Fernández, María del Carmen Guillín Rey, Marcial García Fernández, S.L., a que aboen ao demandante a cantidade de 7.675,41 euros en concepto de horas extras debidas e non satisfeitas.

A cantidade resultante verase incrementada nunha recarga do 10 % por demora.

Declárase a responsabilidade solidaria das empresas codemandadas.

Declárase a responsabilidade do Fogasa dentro dos límites a este fondo reservados.

Notifíquese esta resolución ás partes, coas especialidades previstas nas leis respecto ás empresas demandadas non comparecidas.

Lévese testemuño literal aos autos da súa razón quedando o orixinal no libro de sentenzas deste xulgado».

E para que sirva de notificación en legal forma a Semar Aluminio, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2014

A secretaria xudicial