Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Martes, 21 de outubro de 2014 Páx. 44944

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (435/2013).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 435/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Riveiro Núñez contra Esabe Vigilancia, S.A., Fogasa, Securitas Seguridad España, S.A., sobre ordinario, se ditou sentenza número 364 cuxo encabezamento e resolución son do teor literal:

«Sentenza:

En Santiago de Compostela, o 24 de setembro de 2014.

Vistos por Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 dos de Santiago de Compostela, estes autos rexistrados co número indicado, promovidos por instancia de José Riveiro Núñez, asistido polo letrado Sr. Lorenzo Rubín, contra Esabe Vigilancia, S.A., que non compareceu malia constar debidamente citada, Securitas Seguridad España, S.A., asistida polo letrado Sr. Amado Rodríguez, e contra o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non compareceu malia constar debidamente citado, dítase esta sentenza con base nos seguintes (...)

Resolvo:

Que estimo integramente a demanda interposta por José Riveiro Núñez contra Esabe Vigilancia, S.A., Securitas Seguridad España, S.A. e o Fogasa e, en consecuencia, condeno conxunta e solidariamente as empresas demandadas a lle aboar ao demandante a cantidade de 13.096,75 euros en concepto de salario de xaneiro de 2012, parte proporcional de pagas extraordinarias, diferenzas salariais de agosto a decembro de 2011 e de xaneiro a agosto de 2012 e paga de Nadal de 2011 novembro, cantidade que deberá ser incrementada cos xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET).

Non procede condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do ET.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días.

Así o acorda, manda e asina Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2014

A secretaria xudicial