Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Martes, 21 de outubro de 2014 Páx. 44929

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1218/2013).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1218/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Bermúdez Aguiar contra a empresa Biforis Accesorios de Madera, S.L., administración concursal Biforis Accesorios de Madera, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento ditouse sentenza, cuxo encabezamento e decisión din:

«Sentenza.

A Coruña, 29 de setembro de 2014

Vistos por Miguel Herrero Liaño, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo 1218/2013 seguidos por instancia de José Manuel Bermúdez Aguiar, asistido pola letrada Sra. Gómez Lozano, contra Biforis Accesorios de Madera, S.L., que non comparece, con intervención do Fogasa que non comparece, e da administración concursal da empresa, representada pola letrada Sra. García López, sobre despedimento obxectivo

Decido:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por José Manuel Bermúdez Aguiar fronte a Biforis Accesorios de Madera, S.L., con intervención procesual do Fogasa e a administración concursal da empresa, e en consecuencia:

1. Declaro improcedente o despedimento da parte demandante.

2. Tense por efectuada a opción a favor da indemnización, declarando a extinción da relación laboral na data desta resolución e condenado a demandada a lle aboar ao demandante en concepto de indemnización, a cantidade de 20.514,15 euros.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Advírtase ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, ou habente-causa súa, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1 a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade no que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Biforis Accesorios de Madera, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de setembro de 2014

A secretaria xudicial