Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Martes, 21 de outubro de 2014 Páx. 44927

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4153/2012).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 4153/2012 -RF- desta sección, seguido por instancia de Santiago Peiteado Chaves contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Xestión de Obras e Infraestruturas, S.L., Egarsat Matepss nº 276 (antes SAT Mutua) sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos.

Que desestimando o recurso de suplicación interposto polo letrado Francisco José González Martínez, en nome e representación de Santiago Peiteado Chaves, contra a sentenza do 17 de abril de 2012, ditada polo Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, en autos seguidos por instancia do recorrente, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Egarsat e a empresa Gestión de Obras e Infraestructuras, S.L., sobre determinación de continxencia de accidente de traballo, debemos confirmar e confirmamos na súa integridade a resolución recorrida.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito perante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 220 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social e, unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

A interposición de recurso de casación na orde social exixe o ingreso dunha taxa no Tesouro Público. Os termos, condicións e contía deste ingreso son os que establece a Lei 10/2012, do 20 de novembro, nos artigos 3 (suxeito pasivo da taxa), 4 (exencións á taxa), 5 (remuneración da taxa), 6 (base impoñible da taxa), 7 (determinación da cota tributaria), 8 (autoliquidación e pagamento) e 10 (bonificacións derivadas da utilización de medios telemáticos). Esta lei ten desenvolvemento regulamentario na Orde HAP/2662/2012, do 13 de decembro.

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou localizacións, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Gestión de Obras e Infraestructuras, S.L. con último domicilio coñecido na rúa Cedrón del Valle, 7, 1º D, 27002 Lugo, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de localización, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 12 de setembro de 2014

A secretaria xudicial