Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Martes, 21 de outubro de 2014 Páx. 44931

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (473/2012).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 473/12 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Manuel Gude Fernández contra a empresa M.N.F. Mar, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa decisión é a seguinte:

Decisión:

Estímase parcialmente a demanda interposta por Manuel Gude Fernández fronte a M.N.F. Mar, S.L. con intervención procesual do Fogasa e, en consecuencia, condénase a parte demandada a aboar á demandante a cantidade de 5.556,6 euros que se incrementarán cos xuros do artigo 29.3 ET.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, en caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado con anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E, para que sirva de notificación en legal forma a M.N.F. Mar, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción en el Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 30 de setembro de 2014

A secretaria xudicial