Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Venres, 17 de outubro de 2014 Páx. 44530

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2014, da Secretaría Xeral de Cultura, pola que se inscribe a asociación Amigos del Camino de Santiago de Almería -Almería Jacobea- no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

Resolución:

Feitos.

A Asociación de Amigos del Camino de Santiago de Almería –Almería Jacobea– presenta unha solicitude de inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago o día 3 de setembro de 2014.

A solicitude foi presentada segundo o modelo que figura como anexo I do Decreto 45/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia do Camiño de Santiago (Diario Oficial de Galicia nº, do 20 de febreiro), modificado polo Decreto 209/2002, do 13 de xuño, Diario Oficial de Galicia nº 121, do 25 de xuño) e con ela foi achegada a documentación pertinente segundo o artigo 26 do citado decreto.

Fundamentos de dereito.

É de aplicación especificamente ao procedemento a seguinte normativa:

• Decreto 4/2013, do 10 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

• Decreto 45/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia do Camiño de Santiago, modificado polo Decreto 209/2002, do 13 de xuño.

O artigo 23 deste último decreto regula que «para a súa inscrición no rexistro as entidades solicitantes deberán ter como finalidade, expresa e prioritariamente reflectida nos seus estatutos, a recuperación, conservación e promoción do Camiño de Santiago, así como a difusión da cultura derivada deste».

O xefe do Servizo de Protección e Fomento da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural emite un informe o día 19 de setembro de 2014 sobre a solicitude no que constata que a Asociación de Amigos del Camino de Santiago de Almería –Almería Jacobea– persegue os obxectivos fixados no decreto.

A solicitude presentada cumpre as normas establecidas no citado Decreto 45/2001, do 1 de febreiro. Polo anterior, resolvo que a Asociación de Amigos del Camino de Santiago de Almería –Almería Jacobea– sexa inscrita no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago co número 205.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2014

P.D. (Orde do 25.1.2012; DOG do 8.2.2013)
Anxo Manuel Lorenzo Suárez
Secretario xeral de Cultura