Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Venres, 17 de outubro de 2014 Páx. 44532

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2014, da Secretaría Xeral de Cultura, pola que se inscribe a Asociación Cultural e Artística Ti e Máis Eu Teatro no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

Feitos:

A Asociación Cultural e Artística Ti e Máis Eu Teatro, con domicilio social na rúa Celso Emilio Ferreiro, nº 16, do concello de Ferrol, representada por Mª Ángeles Rodríguez Montero, solicitou ser inscrita no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago o día 16 de marzo de 2014.

A solicitude foi presentada segundo o modelo inserido como anexo I do Decreto 45/2001, de refundición da normativa en materia do Camiño de Santiago (DOG núm. 36, do 20 de febreiro), modificado polo Decreto 209/2002, do 13 de xuño (DOG núm. 121, do 25 de xuño), e con ela foi achegada a documentación pertinente segundo o artigo 26 do citado decreto.

Fundamentos de dereito:

É de aplicación especificamente ao procedemento a seguinte normativa:

• Decreto 4/2013, do 10 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

• Decreto 45/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia do Camiño de Santiago, modificado polo Decreto 209/2002, do 13 de xuño.

O artigo 23 deste último decreto, regula que para a súa inscrición no rexistro as entidades solicitantes deberán ter como finalidade, expresa e prioritariamente reflectida nos seus estatutos, a recuperación, conservación e promoción do Camiño de Santiago, así como a difusión da cultura derivada deste.

O xefe do Servizo de Protección e Fomento da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural emite un informe o día 20 de febreiro de 2014 sobre a solicitude, no cal constata que a Asociación Cultural e Artística Ti e Máis eu Teatro persegue os obxectivos fixados no decreto.

A solicitude presentada cumpre as normas establecidas no Decreto 45/2001, do 1 de febreiro. Polo anterior,

Resolvo:

Que a Asociación Cultural e Artística Ti e Máis eu Teatro sexa inscrita no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago co número 204.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2014

Anxo Manuel Lorenzo Suárez
Secretario xeral de Cultura