Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Venres, 17 de outubro de 2014 Páx. 44528

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 7 de outubro de 2014 pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2013/14 convocados pola Orde do 12 de xuño de 2014 (Diario Oficial de Galicia do 20 de xuño).

A Orde do 12 de xuño de 2014 (DOG do 20 de xuño) pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2013/14, establece no seu artigo 10.3 que o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa elevará a proposta feita polo tribunal ao conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, quen emitirá a correspondente orde de adxudicación para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez realizadas as probas, publicada a acta provisional coas cualificacións obtidas polos alumnos e alumnas, resoltas as reclamacións presentadas, e vistas a acta coa proposta definitiva do tribunal de adxudicación dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2013/14 e a correspondente proposta do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, sobre a concesión destes premios,

DISPOÑO:

Primeiro. Conceder os premios extraordinarios de bacharelato, correspondentes ao curso 2013/14, ao alumnado que figura no anexo a esta orde.

Segundo. Esta orde poderá ser impugnada mediante recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde a súa publicación, segundo prevé o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2014

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO
Relación de premios extraordinarios de bacharelato
correspondentes ao curso 2013/14

Sol.

Apelidos e nome

Código do centro

Centro de estudos

Importe (€)

9480

Alonso Rodríguez, Raúl

36016681

IES Carlos Casares

1.000

10651

Vidal García, María

15027368

IES Maximino Romero de Lema

1.000

9583

Vila García, Joaquín

15015755

IES Plurilingüe Rosalía de Castro

1.000

9902

González Granado, Nicolás

15026421

IES Plurilingüe Rafael Dieste

1.000

10597

Grille Guerra, Adrián

15015561

CPR Manuel Peleteiro

1.000

11093

Pino Prieto, Pablo

36019921

CPR Los Sauces

1.000

11580

Álvarez Quintáns, Sara

36006730

IES Frei Martín Sarmiento

1.000

10652

Jorge Díaz, Carmen

27006541

IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes

1.000

8683

Varela Salido, Martín

15021470

IES Canido

1.000

10494

Veiga Otero, Rosa Elena

15026753

IES A Pontepedriña

1.000

9782

Ferreiro Sanmartín, Irene

27016613

IES Río Miño

1.000

10387

Falcón Leal, Andrea

36019396

IES Francisco Asorey

1.000

10683

Martínez Paz, Patricia

27006966

IES Plurilingüe San Rosendo

1.000

9887

Paz Cotilla, Pablo

15006742

IES Concepción Arenal

1.000

9937

Carmoega Taboada, Isabel

36020386

IES Marco do Camballón

1.000

10286

Durán Cano, Diego

27015189

IES de Quiroga

1.000

8682

Villar Corrales, Ángel

36018999

IES As Barxas

1.000

9784

Bello Barral, Nuria

15022620

IES de Curtis

1.000

8380

Barciela Sánchez, Raúl

36020131

IES de Mos

1.000

9906

Riveiro Lago, Laura

36011580

IES San Tomé de Freixeiro

1.000