Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 16 de outubro de 2014 Páx. 44504

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de información pública polo que se resolve a convocatoria de diversos postos de traballo polo sistema de libre designación.

Por resolucións da tenente de alcalde delegada de Persoal, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 30 de setembro, 7 de outubro e 13 de outubro de 2014, resolveuse o seguinte:

Primeiro. Resolver parcialmente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dos postos de traballo vacantes neste concello, aprobada por Resolución da tenente de alcalde delegada de Persoal do 14 de agosto de 2014 (DOG núm. 165, do 1 de setembro).

Segundo. Adxudicarlles ás persoas que se relacionan a seguir o posto de traballo que se indica, de conformidade coa relación de postos de traballo aprobada por Acordo da Xunta de Goberno Local do 28 de xullo de 2014 e coas características que se describen na seguinte táboa:

Apelidos e nome

Cód.

Dpto.

Pto. traballo

Gr

N

Escala

Ares Abalo, José María

PG0000

Innov. e Desenvolv. Tecnolóxico

X. servizo

A1

28

AX/AE/HN

Fuentes López, Pablo

IF0000

Informática

X. servizo

A1

28

AX/AE/HN

Apelidos e nome

Cód.

Dpto.

Pto. traballo

Gr

N

Escala

Loureiro Pereiro, Ángel

MC0000

Museos Científicos

X. servizo

A1

28

AX/AE/HN

Apelidos e nome

Cód.

Dpto.

Pto. traballo

Gr

N

Escala

Arias Bouzas, María Antonia

UR2000

Planeam e Xest. Solo

X. servizo

A1

28

AX/AE/HN

Terceiro. Os expresados nomeamentos producirán efectos a partir da data de toma de posesión do posto de traballo obxecto da presente convocatoria.

O cesamento no destino actual do persoal que obtivo praza producirase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días hábiles a partir do seguinte ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando se finalicen os permisos ou licenzas, que, se é o caso, fosen concedidas ao citado persoal. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto. Notifíqueselle a presente resolución aos interesados, aos directores das respectivas áreas así como aos concelleiros das áreas ás que están adscritos os postos convocados.

A Coruña, 13 de outubro de 2014

Martín González Rodríguez
Director de Facenda e Administración Pública