Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 16 de outubro de 2014 Páx. 44506

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello das Pontes de García Rodríguez

ANUNCIO de licitación do contrato de xestión do servizo público de recollida de residuos neste concello e transporte á ecoplanta de Narón, limpeza viaria e xestión do punto limpo.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Concello das Pontes de García Rodríguez.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1) Teléfono: 981 45 31 16.

2) Telefax: 981 45 31 85.

3) Correo electrónico: contratacion@aspontes.org.

4) Enderezo da internet do perfil do contratante:

www.aspontes.org; www.contratosdegalicia.es/licitacion?N=21269.

5) Data límite de obtención de documentación e información: ata o remate do prazo de presentación de ofertas.

2. Obxecto do contrato: xestión do servizo público de recollida de residuos sólidos urbanos, recollida selectiva e transporte dos residuos á ecoplanta de Narón, servizo de limpeza viaria e xestión do punto limpo.

Prazo da concesión: doce (12) anos.

Admisión de prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: previstos na cláusula 51 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación total, con IVE: 8.145.226,80 €.

5. Garantías exixidas:

Provisional (importe) 143.787,36 euros.

Definitiva (%): 5 por cento do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

6. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: durante os 60 días naturais seguintes ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da provincia da Coruña ou no Diario Oficial de Galicia.

b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello das Pontes de García Rodríguez.

c) Admisión de variantes: non.

7. Gastos de publicidade:

Antes da formalización do contrato deberá acreditarse o pagamento dos custos dos anuncios: DOG tramitación urxente.

8. Outras Informacións:

A cláusula 9, alínea r), reflicte as condicións especiais de execución de obrigatorio cumprimento por parte do adxudicatario.

As Pontes de García Rodríguez, 30 de setembro de 2014

Antonio Alonso Román
Concelleiro delegado de Facenda, Urbanismo, Patrimonio e Contratación