De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible efectuar a notificación,
DISPOÑO:
1. Notificarlles mediante esta cédula, ás persoas que se relacionan no anexo, os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.
2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. As persoas interesadas poderán tamén interpor directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interporse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.
3. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido, asino e selo esta cédula.
Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2014
Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia
ANEXO
Proxecto: 01340 itinerario ciclista ao longo da estrada PO-552 entre Baiona e A Guarda. Clave: PO/07/088.06. T.M. Baiona, Oia, O Rosal e A Guarda.
Concello: Oia. Provincia: Pontevedra.
Expropiante: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas de Pontevedra.
Beneficiario: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas de Pontevedra.
Acto notificado: acordo de fixación de prezo xusto.
Persoa que se notifica |
Data do acto |
Nº de expediente |
Predio |
Prezo xusto (€) |
Benigno Moldes Álvarez Benigno Moldes Álvarez Benigno Moldes Álvarez José Luis González García José Luis González García Berta Fernández Novoa Elvira García Folgar |
26.6.2014 26.6.2014 26.6.2014 26.6.2014 26.6.2014 26.6.2014 10.7.2014 |
2013000743 2013000744 2013000745 2013000749 2013000750 2013000755 2013000756 |
097 098, 098-bis 099 133 134 231, 231-bis 244, 244-bis |
3.402,00 47.782,65 17.992,80 6.350,40 5.454,16 3.882,11 10.260,56 |