Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 16 de outubro de 2014 Páx. 44450

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (461/2012).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Social número 2 da Coruña, fago saber que por resolución ditada o día 24 de setembro de 2014, no proceso seguido por instancia de Vanessa Aboli Lorenzo contra Zozo, S.L. e Fogasa, en reclamación por cantidade se rexistrou co número 461/2012 e se acordou notificar a Zozo, S.L. a resolución de sentenza seguinte:

«Resolvo:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Vanessa Aboli Lorenzo contra Zozo, S.L., con intervención procesual do Fogasa e, en consecuencia, debo condenar e condeno a parte demandada a que lle aboe á demandante a cantidade de 480,68 euros.

Contra esta resolución non cabe ningún recurso.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Expídoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que na mesma data da sentenza se deposita na Secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e polas leis. Seguidamente, expídese testemuño da sentenza para a súa unión aos autos. Dou fe».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou de se tratar de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Zozo, S.L., en ignorado paradoiro, expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 26 de setembro de 2014

A secretaria xudicial