Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 16 de outubro de 2014 Páx. 44448

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Betanzos

EDICTO (195/2013).

María Patiño Junquera, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Betanzos, polo presente edicto anuncio:

No presente procedemento, seguido por instancia de Ramiro José Infante Tenreiro fronte a Martha Isabel Rubio Rubio, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza

En Betanzos, 22 de abril de 2014.

Vistos por min, Emma Mourenza Couto, os presentes autos de divorcio co número 195/2013, seguidos por instancia de Ramiro José Infante Tenreiro, representado pola procuradora Sra. López Lacámara e baixo a dirección letrada da Sra. Fernández Puentes, contra Martha Isabel Rubio Rubio declarada en situación procesual de rebeldía.

Decido:

Que estimando integramente a demanda presentada pola procuradora Sra. López Lacámara, en nome e representación de Ramiro José Infante Tenreiro, debo acordar e acordo a disolución por divorcio do matrimonio formado por Martha Isabel Rubio Rubio e Ramiro José Infante Tenreiro atribuíndo a este último o uso da vivenda familiar sita en avda. María del Carmen Estévez, número 21, Perbes, Miño (A Coruña), todo iso sen efectuar expreso pronunciamento acerca das custas procesuais.

Firme que sexa esta resolución, remítase testemuño dela ao encargado do rexistro civil competente co fin de que se practique a correspondente inscrición marxinal no asento de inscrición do matrimonio.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de 20 días, contados a partir de que aquela teña lugar, para ser resolto pola Audiencia Provincial da Coruña, sendo necesario que para iso se proceda a ingresar na conta de depósitos e consignacións deste xulgado o depósito establecido pola Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro.

Así, por esta a miña sentenza, da cal se levará testemuño ás actuacións orixinais, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose a dita demandada, Martha Isabel Rubio Rubio, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma.

Betanzos, 26 de maio de 2014

A secretaria xudicial