Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 16 de outubro de 2014 Páx. 44447

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra

EDICTO (510/2011).

No procedemento ordinario 510/2011, seguido por instancia de Perfilnorte-Empresa de Perfilagem, S.A. contra Antonio Pascual del Hierro, ditouse sentenza 66/2014, do 7 de maio, que en extracto dispón:

– Estimar integramente a demanda interposta por Perfilnorte-Empresa de Perfilagem, S.A.

– Condenar a Antonio Pascual del Hierro a lle satisfacer á anterior a cantidade de 23.681,48 euros, máis xuros legais desde a interpelación xudicial e xuros de mora procesual desde a data da sentenza ata o seu completo pagamento, con expresa imposición das custas causadas.

– Modo de impugnación: recurso de apelación que se interporá ante este xulgado no prazo de vinte días, contados desde a publicación deste edicto, para o seu coñecemento e resolución pola Audiencia Provincial de Pontevedra, logo de consignación de 50 euros na forma establecida pola disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica do poder xudicial, logo de pagamento da taxa xudicial (artigos 2.e) e 5.1.f) da Lei 10/2012, do 20 de novembro).

Ao se encontrar o dito demandado en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 7 de maio de 2014

A secretaria xudicial