Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 16 de outubro de 2014 Páx. 44446

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra

EDICTO (358/2011).

Neste procedemento ordinario 358/2011, seguido por instancia de Garci Venta, S.L. contra Michel Sanabria Herrera, ditouse sentenza 134/2013, do 12 de setembro, que en extracto dispón:

– Estimar integramente a demanda interposta pola procuradora Ana Pazo Irazu.

– Condenar a Beatriz González Paz a lle satisfacer á demandante a cantidade de 7.485,83 euros, máis xuros legais desde a interpelación xudicial e xuros de mora procesual desde a data da sentenza ata o seu completo pagamento.

– Impor expresamente a Beatriz González Paz as custas causadas.

– Modo de impugnación: recurso de apelación que se interporá ante este xulgado no prazo de vinte días, contados desde a publicación deste edicto, para o seu coñecemento e resolución pola Audiencia Provincial de Pontevedra, logo de consignación de 50 euros na forma establecida pola disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica do poder xudicial.

Ao se encontrar a dita demandada, Beatriz González Paz, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de lle que sirva de notificación en forma.

Vigo, 8 de decembro de 2013

A secretaria xudicial