Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 16 de outubro de 2014 Páx. 44444

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 5199/2012 -RF-).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 5199/2012.

Xulgado de orixe/autos: demanda 188/2011 Xulgado do Social número 3 de Lugo.

Recorrente: Fogasa.

Avogado: avogado do Estado.

Recorrido/s: Ferlosa, S.L., Víctor Sánchez López, admón., concurs. de Ferlosa, S.L., Francisco Durán López.

Avogado/a: José Benito López Ferreiro, María Teresa Souto Neira.

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber:

Que no procedemento de recurso de suplicación 5199/2012 -RF- desta sección, seguido por instancia do Fogasa contra Ferlosa, S.L., Víctor Sánchez López, administración concursal de Ferlosa, S.L., Francisco Durán López sobre Fondo de Garantía Salarial, foi ditada a seguinte resolución:

«Decidimos:

Estimando o recurso de suplicación interposto polo Fondo de Garantía Salarial contra a Sentenza do 29 de xullo de 2012 do Xulgado do Social número 3 de Lugo, ditada en xuízo seguido por instancia de Francisco Durán López contra o recorrente e a entidade mercantil Ferlosa, Sociedade Limitada e os seus administradores concursais, a sala revógaa e, con desestimación total da demanda reitora das presentes actuacións, absolvemos a entidade xestora demandada da totalidade dos seus pedimentos.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35, seguida do catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións” ou “Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza, que se arquivará neste tribunal, e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza.

Advírtese á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións nas dependencias do xulgado, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co establecido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma a Ferlosa, S.L., con último domicilio coñecido no lugar Medas do Castelo, s/n (27320 Quiroga, Lugo), coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias do xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 24 de setembro de 2014

A secretaria xudicial