Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 16 de outubro de 2014 Páx. 44451

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (DSP 554/2014).

Despedimento/cesamentos en xeral 554/2014 L.

Procedemento de orixe: sobre despedimento.

Demandante: María Isabel Quiroga Ortiz.

Avogado: José Manuel Liaño Pedreira.

Demandados: Josberlimp, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Fogasa.

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber:

«Sentenza nº 481/14.

Na Coruña, vinte e seis setembro de dous mil catorce.

Vistos por Carmen Sangiao Pereira, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo nº 554/14, seguidos por instancia de Mª Isabel Quiroga Ortiz, representada pola letrada Carmen Prego Candal contra a empresa Josberlimp, S.L. e o Fogasa, que non comparecen a pesar de estaren debidamente citados, sobre despedimento.

Resolvo:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de resolución de contrato interpuxo Mª Isabel Quiroga Ortiz contra a empresa Josberlimp, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que vinculaba a demandante coa empregadora na data da presente resolución, e condeno Josberlimp, S.L. ao aboamento dunha indemnización de 7.322,58 euros.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, para o cal é suficiente a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza».

Para que conste e se insira no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación a Josberlimp, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado, salvo as que revistan a forma de emprazamento, sentenzas e autos.

A Coruña, 26 de setembro de 2014

A secretaria xudicial