Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 16 de outubro de 2014 Páx. 44453

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (135/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 135/2014 deste xulgado do Social, seguido por instancia da Fundación Laboral de la Construcción, contra a empresa Construcciones Silne, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou decreto con data do 24 de setembro de 2014, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva do decreto:

Acordo:

a) Declarar o executado Construcciones Silne, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 150,19 euros en concepto de principal, máis 15 euros que provisionalmente se presupostan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reaperturar a execución, se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

d) Lévese o orixinal ao libro de decretos, deixando testemuño nas presentes actuacións.

Notifíquese ás partes e a Construcciones Silne, S.L. no Diario Oficial de Galicia, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, correo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta en Banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0135 14. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0135 14”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A secretaria xudicial».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Construcciones Silne, S.L., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2014

A secretaria xudicial