Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 16 de outubro de 2014 Páx. 44455

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (247/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 247/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Ramón Seco Rey contra Camilo Carballal, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre ordinario, se ditou sentenza nº 343 cuxo encabezamento e decisión son do teor literal:

Sentenza.

En Santiago de Compostela o 24 de setembro de 2014.

Vistos por Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 dos de Santiago de Compostela, os presentes autos rexistrados co número indicado, promovidos por instancia de José Ramón Seco Rey, asistido pola letrada Sra. Cancela Regueiro, fronte á mercantil Camilo Carballal, S.L., a administración concursal (Ernst & Young) e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non compareceron, malia constar debidamente citados, dítase a presente sentenza sobre a base dos seguintes

(…)

Decido.

Que estimo integramente a demanda interposta por José Ramón Seco Rey fronte á mercantil Camilo Carballal, S.L., a administración concursal (Ernst & Young) e o Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, condeno a mercantil demandada a lle aboar ao demandante a cantidade de 2.774,13 euros, en concepto de salarios de febreiro, marzo e 4 días de abril de 2012, parte proporcional da paga extra de verán e parte proporcional de vacacións, cantidade que debe ser incrementada no 10 % de xuros de demora do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores, condenando a Ernst & Young a estar e pasar por esta declaración, unicamente na súa condición de administración concursal.

Non ten lugar a condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta poden interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco (5) días.

Así o acorda, manda e asina Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación en legal forma a Camilo Carballal, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2014

A secretaria xudicial