Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 16 de outubro de 2014 Páx. 44457

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2014 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo da obra de rehabilitación do sistema de impermeabilización, remates da cuberta e reparacións interiores do auditorio Carmen Estévez de Vilalba.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 17/2014 U.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20760

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obra.

b) Descrición: rehabilitación do sistema de impermeabilización, remates da cuberta e reparacións interiores do auditorio Carmen Estévez de Vilalba.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 45212321-2.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 248.319,39 €.

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 248.319,39 €. Importe total: 300.466,46 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 24.9.2014.

b) Data de formalización do contrato: 29.9.2014.

c) Adxudicatario: Obras y Servicios Gómez Crespo, S.L.

d) Importe da adxudicación: importe neto: 207.937,03 €. Importe total con IVE: 251.603,81 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2014

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
P.D. (Orde do 15.3.2012; DOG nº 58, do 23 de marzo)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio
Ambiente, Territorio e Infraestruturas