Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 16 de outubro de 2014 Páx. 44469

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica nos concellos de Santiago de Compostela e Ames (expediente IN407A 2014/116-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Número de expediente: IN407A 2014/116-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS subestación Santiago a CT Ceboleiro.

Situación: concellos de Santiago de Compostela e Ames.

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada a CT Rosalía de Castro, nº 65, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 2.028 m, con orixe en cela libre en subestación Santiago, en condutor RHZ1 (S) 12/20 kV 3×240 mm2 Al e RHZ1 12/20 kV 3×240 mm2 Al e final na liña SNT-828 (Liña Milladoiro), no tramo comprendido entre o CT Ceboleiro (expediente 88/01) e o CT Rosalía de Castro, 65 (expediente 49/03).

Liña de media tensión soterrada a CT Ceboleiro, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 850 m, con orixe na liña SNT-829 (Liña Santiago II-Solláns), no tramo comprendido entre o CT Pardiñeiros, 13 (expediente 411/07) e o CS rúa da Cruxa (expediente 91/05), en condutor RHZ1 12/20 kV 3×240 mm2 Al e final en cela libre do CT Ceboleiro (expediente 88/01).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución.

A Coruña, 24 de setembro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña