Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 16 de outubro de 2014 Páx. 44471

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 1 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica á empresa Pedra País, S.L. a acta da visita de inspección realizada con data do 10 de setembro de 2014 ao permiso de investigación Pedra País 01, número 2938, situado nos termos municipais de Fornelos de Montes e Mondariz (Pontevedra).

Ante a imposibilidade de notificación, por medio desta cédula notifícase á empresa Pedra País, S.L., con CIF B-36881563, a acta da visita de inspección realizada con data do 10 de setembro de 2014, por parte da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, ao permiso de investigación Pedra País 01, número 2938, situado nos termos municipais de Fornelos de Montes e Mondariz (Pontevedra).

Comunícase que a dita acta se atopa á súa disposición, no prazo de 10 días, das 9.00 ás 14.00 horas, no Servizo de Enerxía e Minas das dependencias desta xefatura territorial, situadas na avenida Fernández Ladreda 43-5ª planta, de Pontevedra.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 1 de outubro de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra