Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 16 de outubro de 2014 Páx. 44467

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ourense (expediente IN407A 2014/23-3).

Visto o expediente para outorgamento das autorizacións administrativas previas e de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira 2, 32960 Velle.

Denominación: LMTS e CS rúa Velázquez.

Situación: Ourense.

Características técnicas:

LMT subterránea a 20 kV de 54 m de lonxitude con condutor RHZ1 12/20 kV 1×240 mm2 AL e orixe na LMT ao CS Ponte Lebrona 32CHW5 e remate no CT Remedios 66, 32CB10 con entrada e saída no CS proxectado rúa Velázquez, 32.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente. Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Ourense, 22 de setembro de 2014

Alfonso Tomas Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense