Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 16 de outubro de 2014 Páx. 44465

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Padrón (expediente IN407A 2014/55).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Aluminios Cortizo.

Domicilio social: LG Estramundi, s/n, apartado de Correos, 68, 15900 Padrón.

Denominación: LMTS+CS+CTP 1600 kVA en polígono industrial Picusa, Padrón.

Situación: polígono industrial Picusa, Padrón.

Características técnicas:

– LMTS lonxitude total 96 m, desde o entroncamento (facilitado por UF) da LMT PAD802 ao CS, RHZ1 12/20 KV, 3×(1×240 mm2) Al.

– CS da compañía que contén 3 celas de liña.

– Centro de protección e medida do cliente que contén 1 cela de medida, 1 cela de protección con interruptor automático, 2 celas de remonte e 2 celas de liña (a trafo proxectado e trafo existente).

– LMT lonxitude total de 162 m, desde a cela entrada/saída ata CT, RHZ1 12/20 kV, 3×(1×95 mm2) Al.

• 62 m discorren en gabia de 0,4×1,2 m con dous tubos de 160 mm de diámetro e un tubo de 125 mm de diámetro formigonados.

• 100 m discorren polo interior da nave en bandexa de PVC lisa de 200×100 pousada en soportes de aceiro sobre viga de formigón a unha altura de 6 m ata o CT.

– CT situado no exterior da nave, con cela de liña e cela de protección con fusibles. Trifásico 50 Hz con refrixeración natural de 1600 kVA, 20 kV/400 V e grupo de conexión Dyn11, con illamento en aceite de silicona.Tensión secundaria en baleiro 420 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxia e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta instalación está previsto que se execute nun prazo dun ano, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 110, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro); sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 17 de setembro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña