Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 15 de outubro de 2014 Páx. 44276

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos

EDICTO (41/2011).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza número 38/2013.

Resolvo que, estimando a demanda interposta polo procurador Sr. Pedreira del Río, en nome e representación de José Carlos Carpente Calvo, debo declarar e declaro a extinción da situación de pro indiviso sobre os predios 18-B e 18-C descritos no feito segundo da demanda, os cales son esencialmente indivisibles, polo que, se non existe acordo entre os condonos sobre que se lle adxudique a un deles e se indemnicen os demais, se procederá á súa venda mediante a oportuna poxa pública con admisión de licitadores estraños, á cal se procederá en execución de sentenza. O prezo resultante da venda repartirase entre os copropietarios en proporción á súa participación.

Non se fai especial imposición de custas con respecto aos conformes.

Impónselles aos declarados en rebeldía as custas causadas á parte demandante.

Expídase a correspondente certificación literal desta resolución, que quedará unida ao procedemento, e lévese o orixinal ao libro da súa razón.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación, ante este tribunal, no prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo mándoo e asínoo. Dou fe».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Francisco Torre Calvo, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Betanzos, 26 de febreiro de 2014

O/a secretario/a xudicial