Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 15 de outubro de 2014 Páx. 44274

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Betanzos

EDICTO (352/2011).

Nos autos de ordinario número 352/2011, seguidos por instancia da procuradora María Luisa Sánchez Presedo, en nome e representación de Aida Barral Cal e Severino Donas Vázquez, contra Construcciones M.A. Seoane, S.L., ditouse, con data do 15 de abril de 2014, sentenza que contén o encabezamento e a parte dispositiva que literalmente din:

«Sentenza número 40/2014.

Betanzos, 15 de abril de 2014

Vistos por María Piñeiro Garabana, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Betanzos, os autos do xuízo ordinario 352/2011, sobre resolución de contrato e reclamación de cantidade, en que son partes os demandantes Aida Barral Cal e Severino Donas Vázquez, representados pola procuradora dos tribunais María Luisa Sánchez Presedo e asistidos polo letrado Roberto Bouza Prieto, e a demandada Construcciones M.A. Seoane, S.L., en situación procesual de rebeldía, eu dito esta resolución á que serve de base o seguinte:

Resolvo:

Estimando a demanda interposta por Aida Barral Cal e Severino Donas Vázquez, representados pola procuradora dos tribunais María Luisa Sánchez Presedo e asistidos polo letrado Roberto Bouza Prieto, contra Construcciones M.A. Seoane, S.L., en situación procesual de rebeldía, debo declarar e declaro resolto o contrato de obra subscrito entre as partes, e debo condenar e condeno a demandada a lles aboar aos demandantes a suma de 72.812,64 euros, máis os xuros legais.

Todo iso con imposición de custas á parte demandada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes».

Esta resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación que se deberá interpor neste xulgado no prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

En cumprimento do acordado, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e para que sirva de notificación en forma á demandada, Construcciones M.A. Seoane, S.L., expídese este edicto.

Betanzos, 7 de xullo de 2014

Eva Ortiz Suárez
Secretaria xudicial