Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 15 de outubro de 2014 Páx. 44308

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, a aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e do estudo de impacto ambiental do proxecto de repotenciación do parque eólico de Malpica de Bergantiños, nos concellos de Malpica de Bergantiños e Ponteceso (expediente IN661A 2014/1-1).

En cumprimento do disposto na lexislación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico de Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Decreto 138/2010, do 5 de agosto, polo que se establece o procedemento e as condicións técnico-administrativas para a obtención das autorizacións de proxectos de repotenciación de parques eólicos existentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

Sométese a información pública a solicitude presentada pola sociedade Parque Eólico Malpica, S.A. (Pemalsa), para as instalacións que se describen a continuación:

Solicitante: Pemalsa.

Domicilio social: Paseo de la Castellana, 141, Edificio Cuzco IV, 9ª planta, 28046 Madrid.

Denominación do proxecto: repotenciación do parque eólico de Malpica de Bergantiños.

Concellos afectados: Malpica de Bergantiños e Ponteceso.

Potencia que se vai instalar: 16.575 MW.

Orzamento total: 21.991.881 €.

Localización (área de afección):

Repotenciación do parque eólico de Malpica de Bergantiños

(coordenadas UTM)

Vértice

UTM (X)

UTM (Y)

P1

508.275

4.795.786

P2

509.375

4.795.786

P3

509.375

4.793.286

P4

508.875

4.793.286

P5

508.275

4.794.786

Aeroxeradores (coordenadas UTM)

Aeroxerador

UTM (X)

UTM (Y)

MA_1

508.707

4.795.750

MA_2

508.798

4.795.419

MA_3

508.463

4.794.759

MA_4

508.649

4.794.515

MA_5

508.767

4.794.005

MA_6

508.927

4.793.783

MA_7

509.087

4.793.560

Características técnicas da instalación:

– Desmantelamento de 65 aeroxeradores de 225 kW e dous de 750 kW existentes, potencia total de 16,575 MW.

– Construción de sete aeroxeradores de 3MW. Potencia nominal da instalación limitada á potencia do parque preexistente: 16,575 MW.

– Construción de nova torre meteorolóxica e novo edificio de control.

– Consérvase a subestación 20/66 KV e a LAT de evacuación existentes.

Obxecto da información pública:

– Autorización administrativa do proxecto.

– Aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.

– Aprobación do estudo de impacto ambiental.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, así como nos concellos de Malpica de Bergantiños e Ponteceso no prazo de trinta días, a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución.

Para idénticos efectos e no prazo de 30 días que comezará a contar a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental correspondente ás instalacións da repotenciación do parque eólico de Malpica de Bergantiños poderanse examinar nesta xefatura territorial así como nos concellos de Malpica de Bergantiños e Ponteceso. Ademais, o estudo de impacto ambiental poderá ser consultado na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas na Coruña.

A Coruña, 8 de setembro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña