Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 15 de outubro de 2014 Páx. 44311

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Fornelos de Montes (expediente IN407A 2014/168-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Eléctrica de Moscoso, S.L.

Domicilio social: avda. do Concello, 21, 36830 A Lama.

Denominación: LMTS de CT Fornelos ao apoio 8 da LMT Fornelos-Bustelos.

Situación: Fornelos de Montes.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ1 de 406 metros de lonxitude, con orixe no paso aéreo subterráneo (P.A.S.) proxectado na caseta do CT Fornelos e final no apoio 8 P.A.S. proxectado da LMT Fornelos-Ventín-Cabada-Estacas-Bustelos. A instalación está situada no lugar da Igrexa, Fornelos de Montes.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avda. Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 8 de setembro de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra