Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 15 de outubro de 2014 Páx. 44312

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Ames (expediente IN407A 2005/091-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE núm. 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Número de expediente: IN407A 2005/091-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: anexo III do modificado LMTS, CCTT Hedras-Palmeiras, rúa do Buxo.

Situación: concello de Ames.

Características técnicas: novo treito de LMTS baixo tubo Ø160 mm, a 20 kV, de 138 metros de lonxitude, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3 (1×240 mm2 Al), coa orixe en cela de liña existente no CS rúa do Buxo proxectado no anexo II do modificado LMTS, CCTT Hedras-Palmeiras, rúa do Buxo e remate en cela de liña existente no CT travesía do Porto nº 1 (expediente IN407A 2007/411-1).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 23 de setembro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña