Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Martes, 14 de outubro de 2014 Páx. 44164

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (6199/2012).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 6199/2012.

Xulgado de orixe/autos: demanda 84/2012 Xulgado do Social número 1 de Ferrol.

Recorrente: Margarita González Gutiérrez.

Avogado: Manuel Casal Fraga.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Sergas, Buma Galicia, S.L., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo.

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 6199/2012-RCUD 327/14-S, seguido por instancia de Margarita González Gutiérrez contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, o Sergas, Buma Galicia, S.L., a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación do/da secretario/a xudicial.

M. Asunción Barrio Calle.

A Coruña, 24 de setembro de 2014.

O anterior escrito presentado polo letrado Jorge Estébanez Juega, en representación da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, ao cal se xunta certificación de sentenza ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Valencia alegada de contraste, únase ao recurso da súa razón. Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina e fórmese peza separada, que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala. Emprácense as demais partes para que comparezan por escrito de letrado ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días, achéguense copias do dito escrito e desígnese un domicilio para notificacións na sede da dita sala. Deberá acreditar a representación da parte de non constar previamente nas actuacións.

Verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníqueselle ao Xulgado do Social número 1 de Ferrol que contra a resolución desta sala se recorreu en casación para unificación de doutrina.

Emprácese a empresa Buma Galicia, S.L. a través do Diario Oficial de Galicia.

Notifíqueselles ás partes facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe ningún recurso.

Acórdoo e asínoo. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Buma Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, cuxo último domicilio coñecido é estrada de Castela, número 4, Narón, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de setembro de 2014

A secretaria xudicial