Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Martes, 14 de outubro de 2014 Páx. 44166

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña

EDICTO (926/2013).

María Elma Monzón Cuesta, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña, por medio deste edicto anuncia que neste procedemento, seguido por instancia de Rafael Borja Malde Hervada fronte a Jesús Manuel Rey Palleiro, se ditou sentenza con data do 8 de maio de 2014, contra a cal cabe recurso de apelación por prazo de vinte días.

Ao estar o demandado Jesús Manuel Rey Palleiro, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

A Coruña, 21 de xullo de 2014

A secretaria xudicial