Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Martes, 14 de outubro de 2014 Páx. 44167

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1390/2012).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 1390/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa Gaconservi, S.L., sobre ordinario, se ditou resolución cuxo ditame é o seguinte:

«Decido:

Estímase a demanda formulada pola Fundación Laboral de la Construcción fronte á empresa Gaconservi, S.L. e, en consecuencia, condénase a parte demandada a aboar á demandante a cantidade de 351,86 euros en concepto de principal e recarga por mora.

Notifíquese a presente resolución ás partes indicando que fronte a ela non cabe interpor recurso de suplicación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Gaconservi, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 24 de setembro de 2014

A secretaria xudicial