Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Luns, 13 de outubro de 2014 Páx. 44098

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 17 de setembro de 2014 pola que se notifica a imposición dunha multa coercitiva devolta polo servizo de Correos por resultaren as súas destinatarias ausentes na repartición (expediente IU2/92/2011).

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou o 17 de xullo de 2014 unha resolución pola que se lle impón unha terceira multa coercitiva derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística número IU2/92/2011 a Consejo Carrera Pino e a Dolores Carballo Solla como consecuencia de incumpriren o ordenado na Resolución do 17 de setembro de 2012, que ordenaba a demolición dunha nave para uso de ferraxaría, de 15 metros de longo por 12,70 metros de largo, cunha altura máxima no cumio de 5 metros e 4 metros na parte baixa dos beirís, co cerramento exterior da nave de bloque prefabricado de formigón ata unha altura de 2,30 metros, e a partir desta altura de chapa metálica, promovida polas interesadas, na parcela con referencia catastral 36042A130014360001MT, no lugar de Queidores, Bugarín, no termo municipal de Ponteareas, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ás interesadas a dita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber ás interesadas que o texto íntegro da resolución que se lles notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no edificio Witland 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as interesadas poderán interpor recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, e indícaselles que o recurso unicamente será admisible por motivos de infracción do ordenamento inherentes á imposición desta multa coercitiva, polo que será motivo de inadmisión a reiteración das mesmas razóns que se esgrimiron ou puideron esgrimirse fronte á resolución da cal este acordo é un mero acto de execución.

No caso de non exerceren o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poden interpor directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lles sirva de notificación ás citadas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística