Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Luns, 13 de outubro de 2014 Páx. 44100

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 22 de setembro de 2014 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/140/2014-RP1, devolto polo servizo de Correos por resultar a súa destinataria ausente na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou o 19 de agosto de 2014, incoar o expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/140/2014-RP1 polas obras realizadas en solo rústico sen a preceptiva autorización urbanística autonómica, consistentes na ampliación dunha construción preexistente, de planta baixa e semisoterrada, mediante a construción dunha planta alta, no lugar de Montán, no termo municipal de Samos.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a Manuela Olmo Pérez, en calidade de propietaria dos terreos onde se levan a cabo as ditas obras, mediante a presente cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada o dito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á interesada que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

A interesada dispón dun prazo de 15 días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para presentar as alegacións, documentos ou informacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba en que se concretan os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística