Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Luns, 13 de outubro de 2014 Páx. 44097

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CÉDULA do 6 de outubro de 2014 pola que se notifica a Chymar, S.A. o requirimento de emenda da solicitude do expediente de axuda de proxecto piloto PE 628A 2014/4-0.

Chymar, S.A., con CIF A36621522, solicitou unha axuda para realizar un proxecto piloto ao abeiro da Orde do 28 de marzo de 2014 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento de concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas á realización de proxectos piloto confinanciadas nun 75 % co Fondo Europeo de Pesca (FEP) (DOG núm. 69, do 9 de abril).

Ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a Chymar, S.A. o requirimento de emenda da solicitude de axuda de proxecto piloto, para que en dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta notificación, emende a dita solicitude. Advírteselle que, se así non o fixer, se terá por desistido.

O expediente está á disposición da persoa interesada na Secretaría Xeral do Mar, Edificio Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela.

Expediente de proxectos piloto: PE 628A 2014/4-0.

Interesada: Chymar, S.A.

CIF: A36621522.

Para que conste e lle sirva de notificación, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2014

Rosa Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar