Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 10 de outubro de 2014 Páx. 43935

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1389/2012).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Social número 2 da Coruña, fago saber que por resolución ditada o día 18 de agosto de 2014, no proceso seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra Inversiones Pevesa, S.L., en reclamación por cantidade, se rexistrou co número PO 1389/2012 e se acordou notificar a Inversiones Pevesa, S.L. a resolución da sentenza seguinte:

«Resolvo:

Estímase a demanda formulada pola Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa Inversiones Pevesa, S.L. e, en consecuencia, condénase a parte demandada a lle aboar á demandante a cantidade de 396,54 euros en concepto de principal e recarga por mora.

Contra esta resolución non cabe recurso ningún.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Expídoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que na mesma data da sentenza se deposita na Secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e polas leis. Seguidamente, expídese testemuño da sentenza para a súa unión aos autos. Dou fe».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou se se trata de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación a Inversiones Pevesa, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 22 de setembro de 2014

A secretaria xudicial