Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 10 de outubro de 2014 Páx. 43933

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2853/2012).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da sección nº 1 da sala segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 2853/2012 seguido a instancia de José Ignacio Gómez Bertrand contra Douro Atlántico, S.L. e outros, sobre reclamación de cantidade, ditouse a seguinte resolución:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto polo letrado Miguel Vizcaíno Fernández de Casadevante, na representación que ten acreditada da empresa Douro Atlántico, S.L. e estimando o interposto polo letrado Javier Gamero Esquivel, en nome e representación de José Ignacio Gómez Bertrand, contra a sentenza con data 12 de decembro de 2011, ditada polo Xulgado do Social número dous dos de Pontevedra, en autos seguidos por instancia de José Ignacio Gómez Bertrand fronte ás empresas Douro Atlántico, S.L., Copaga, S.A., Udralar, S.L., San José Desarrollos Inmobiliarios, S.A. e Constructora San José, S.A. e ao Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, debemos revogar e revogamos parcialmente a sentenza ditada, estimando integramente a demanda formulada fronte á empresa Douro Atlántico, S.L., e condenando á citada demandada a que aboe ao actor a cantidade de seis mil douscentos trinta e tres euros con trinta e nove céntimos (6.233,39 euros), polas 85,75 horas extraordinarias realizadas, así como a que lle aboe o 10 % da devandita cantidade, en concepto de intereses por mora, confirmando o resto dos pronunciamentos contidos no fallo da sentenza. Impóñense á empresa Douro Atlántico, S.L. as costas do recurso por ela interposto, que inclúen a cantidade de cincocentos cincuenta euros (550 euros), en concepto de honorarios do letrado impugnante do recurso.

Ordénase a perda do depósito necesario para recorrer, ao que se dará o destino legal, o mesmo que ás cantidades depositadas para os devanditos efectos, unha vez sexa firme esta sentenza.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 220 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social e, unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose ao correspondente Libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta Sala no Banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta Sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

A interposición de recurso de casación na orde Social exixe o ingreso dunha taxa no Tesouro Público. Os termos, condicións e contía deste ingreso son os que establece a Lei 10/2012, do 20 de novembro, nos artigos 3 (suxeito pasivo da taxa), 4 (exencións á taxa), 5 (remuneración da taxa), 6 (base impoñible da taxa), 7 (determinación da cota tributaria), 8 (autoliquidación e pagamento) e 10 (bonificacións derivadas da utilización de medios telemáticos). Esta lei ten desenvolvemento regulamentario na Orde HAP/2662/2012, do 13 de decembro.

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que produzan os seus efectos legais e sirva de notificación á empresa Variografic, S.L. con último domicilio coñecido en praza de Compostela, 6-2º Vigo, advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización, expido e asino este edicto.

A Coruña, 15 de setembro de 2014

A secretaria xudicial