Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 10 de outubro de 2014 Páx. 43936

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (115/2014).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimentos/cesamentos en xeral 115/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ángel Benigno Davila Gaulán contra Jamones Antonio Rodríguez, S.L., Marcelino García Rubio, Fogasa sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Decido:

1º. Estimo a acción sobre resolución de contrato formulada por Ángel Benigno Davila Gaulán fronte a Jamones Antonio Rodríguez, S.L. e, en consecuencia, acordo, con data desta sentenza, a extinción do contrato de traballo existente entre o demandante e a empresa demandada, por causas imputables a esta, condenando a empresa demandada a que aboe ao demandante 19.726,32 euros, en concepto de indemnización.

2º. Estimo a acción de reclamación de cantidade exercida e condeno a citada empresa demandada Jamones Antonio Rodríguez, S.L. a aboar á parte demandante a cantidade de 16.759,8 euros, polos conceptos que constan no relato de feitos probados.

3º. Desestimo as accións exercidas fronte a Marcelino García Rubio.

4º. O Fogasa deberase ater á presente resolución nos termos do artigo 23.5 último parágrafo e 6, inciso primeiro da Lei reguladora da xurisdición social e artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución. Contra esta resolución cabe recurso de suplicación nos supostos previstos no artigo 191 da Lei reguladora da xurisdición social, que deberá ser anunciado ante este xulgado no prazo de cinco días seguintes á notificación da presente resolución na forma prevista no artigo 194 e concordantes da Lei reguladora da xurisdición social, e co cumprimento das obrigacións de depósito, consignación ou aseguramento previstas nos artigos 229 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna polo maxistrado que a ditou, achándose celebrando audiencia pública no día da data, do que dou fe.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Jamones Antonio Rodríguez, S.L., expido a presente notificación para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de setembro de 2014

O secretario xudicial