A titularidade do centro privado Chíos Formación, do concello da Coruña, solicita autorización para impartir o ciclo formativo de grao medio (CM) de Coidados Auxiliares de Enfermaría, CM Atención a Persoas en Situación de Dependencia; o ciclo formativo de grao superior (CS) de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma, CS Desenvolvemento de Aplicacións Web, CS Educación Infantil, CS Educación e Control Ambiental e o CS Márketing e Publicidade.
Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
DISPOÑO:
Primeiro.
1. Autorizar a apertura e o funcionamento do centro privado Chíos Formación, do concello da Coruña. O centro queda configurado como se sinala a seguir:
Denominación xenérica: centro privado.
Denominación específica: Chíos Formación.
Código do centro: 15032893.
Domicilio: avenida del Ejército, nº 2.
Código postal: 15006.
Localidade: A Coruña.
Concello: A Coruña.
Provincia: A Coruña.
Titular: Chíos Formación, S.L.
2. Ensinanzas que se autorizan:
• 2 CM Coidados Auxiliares de Enfermaría (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).
• 1 CM Atención a Persoas en Situación de Dependencia (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).
• 1 CS Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).
• 1 CS Desenvolvemento de Aplicacións Web (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).
• 1 CS Educación Infantil (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).
• 1 CS Educación e Control Ambiental (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).
• 1 CS Márketing e Publicidade (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).
Segundo. Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro, así como o equipamento adecuado.
Terceiro. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
Cuarto. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando se teña que modificar calquera dos datos que se sinalan nesta orde.
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo de un mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2014
Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria